Un día na praia

Este verán, polo momento, está a ter moi pouco de verán, alomenos no climatolóxico. Así que a praia témola cheirado máis ben pouco.

Hai dúas fins de semana, aproveitamos unha breve saida de Lourenzo para achegarnos á praia de Cabanas, a vinte minutos en coche da Coruña. Non levabamos intención de bañarnos, pero foi pór á nena a chapotear á beira da auga e dármonos conta de que o chapuzón ía ser obligatorio.

Non quedou outra que espir á cativa, remangar os pantalóns e botármonos mar adentro. Velaquí os resultados.


Comentarios

Entradas populares