O von

Catuxa vai manexando cada vez máis palabras; bueno, ou sons semellantes a palabras. Un dos últimos descobrimentos é "von" (en galego, avión). Cando asoma un polo ceo, ou cando se sinte o ruído xa de lonxe, xorden as palabras máxicas: "oooohh, von!!".

De seguido, vista arriba, brazo estendido e dediño sinalando cara a non se sabe onde. Catuxa comeza a ollar para todas partes, até que atopa o "von". Un novo "oooohh", máis veces "aí ta, von". Até que o aparello se esvaece no azul ou entre as nubes.

Entón, a esixencia: "Oto". "Oto von". E, por fin, a pequena decepción porque non hai outro.

A cousa é divertida, aínda que un pouco obsesionante ás veces. Calquera camión (hai obras de novos chalets aqui, no Valiño) ou moto xa abonda: "von". Oto von.

Comentarios

Entradas populares