Nadando cos rodaballos

Onte foi o Día dos Museos: a entrada neles era de balde, así que aproveitamos para levar a Catuxa á Casa dos Peixes.


Os primeiros cinco minutos foron de curiosidade e interese ante ese mundo azul cheo de pequenas cousas de cores chamativas que bulen cara a todas partes. Pero, xa afeita á nova realidade, o obxectivo principal pasou a ser localizar escaleiras ou chanzos aos que gabear.


Despois dunha reparadora merenda a base de plátano, xamón cocido e Petit Suisse, as focas do exterior atraíron as olladas da cativa, que ría cando os bigotes asomaban por riba da auga.

Para rematar, algunhas fotos no exterior, a carón da mar brava, e de volta a casa. Supoño que aínda ha pasar algún tempo até que Catuxa poida disfrutar de verdade do Acuario.

Comentarios

Entradas populares