A faciana aceda da vida moderna

[En castellano] Tanto eu como a nai de Catuxa traballamos. Traballamos moito, de feito. Coido que eu traballo moitísimo, quizais demasiado.

Namentres, a nena pasa boa parte da semana laborable ao coidado da familia. María ven a casa a atendela tres días á semana. Os outros dous responden a unha perfecta rutina establecida cos avós: os martes, despois do xantar e da sesta, marcha para Monte Alto; o mércores á hora da merenda prodúcese o intercambio e tira cara ao Peredo; o xoves antes do baño está de volta na casa.

Hai semanas en que os martes eu non xanto na casa: estou fóra por traballo. Se teño mala sorte, pode que ese xoves haxa choio dabondo e non sexa quen de saír da oficina antes das dez da noite. Cando teño a desgraza de que así coincida, non vexo desperta á miñoca desde o luns á noite até o venres ao mediodía. E iso non é doado de levar.

A semana pasada era xa tarde o xoves. Na oficiña, consultei o correo, e chegoume o aviso dun novo post en Catuxa, a nena: a avoa tiña publicado as andanzas da nena na piscina ese día no Peredo.

Inmediatamente pensei: ¡que merda de vida é esta que teño que enterarme por Internet das cousas que fai a miña filla no seu día a día máis normal!

Marchei correndo e cheguei a casa a tempo de bicar a Catuxa antes de que fóra para o berce. E fuxiron as magoas. Pero xa non hai quen me quite ese regusto acedo...

Comentarios

paideleo ha dicho que…
Esta vida moderna é así. Eu agora traballo menos tempo e cobro menos pero polo menos miro o meu fillo medrar.
Un saúdo para Catuxa e os seus pais e o nome da lista que máis me gusta é Nuno ( de feito era unha opción para Leo ).
Isa Rey ha dicho que…
A parte positiva de todo esto é que cada minuto que pasamos coa cativa, tentamos disfrutalo ao máximo.
Susana ha dicho que…
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Abuela de Catuxa ha dicho que…
Entiendo tu malestar hijo. La peque es un primor y es una lástima perderse esta época en donde día a día descubre vivencias nuevas,pero sé lo que haces los fines de semana y es que no pierdes ni un segundo de estar con "ellas" y pluralizo porque la Isabelita también sufre tus ausencias. Os queremos.

Entradas populares