Que se prepare Contador

Un dos moitos agasallos que Paulo recibiu no seu cumple foi unha bicicleta, con casco a xogo e luces reglamentarias. Ao día seguinte do cumple achegámonos ata a pista que temos a carón da casa para que puidera estreala nun lugar amplo, chan e sen obstáculos. E aquí o tedes, pedaleando todo o que lle daban as pernolas detrás de Catuxa.


O único problema foi que na primeira clase so lle explicamos como se empregaban os pedais e o manillar, non lle falamos para nada dos freos, e claro, nun par de curvas freou no chan pero sin maiores consecuencias.
Dende entón cada día, á volta do cole, imos pedalear un pouquiño para que vaia collendo ritmo e agora xa emprega os freos con soltura.
Que se preparen no Tour que nuns anos teñen outro campión galego.

Comentarios

Entradas populares