Pola lagoa de Cospeito

Este sábado, pese a que non foi moi bo día, marchamos a unha excursión pola Terra Cha. Pola mañá estivemos visitando o Castro de Viladonga, unha delicia para Catuxa que interpretou que eran as ruínas do castelo dunha princesa. Pasouse sonando desperta un bo rato, namentres entraba e saía das distintas construcións, seguida moi de perto por Paulo. Mágoa que se estragara a tarxeta da cámara de mami.

Tras un reparador chuletón de boi en Cospeito, fomos percorrer o sendeiro que rodea á lagoa do mesmo nome. Dúas horas nas que subimos a todas as casas de observación de paxaros, corrimos, atravesamos pontes, vimos moitas aves e, sobre todo, ¡atopamos unha lontra! aínda que nadaba tan rápido que os nenos non foron quen de vela.

Unha xornada do máis entretido.

Comentarios

Entradas populares