A festa do cole

Foi xa hai unhas semanas, pero ata hoxe non me puxera coas fotos. A festa do cole foi tema de conversa perante longos días por parte de Catuxa: ía ter que disfrazarse de serea e actuar diante de máis de mil persoas.

A rapaza estaba decididamente nervosa a medida que se achegaba a data. O día D, como nun casamento, houbo sesión de maquillaxe previa diante da familia.


E logo, a tensa espera no Pazo da Ópera namentres os compañeiros ían facendo os seus números. Pero chegou o momento e corenta e oito sereas encheron o escenario. Glorioso, mirádeo vós mesmos.


Bueno, para rematar, debo dicir que houbo quen tamén quixo a súa maquillaxe...

Comentarios

Entradas populares