Outono

A coñecida pintora Catuxa Morán alcanzou a madurez na representación da natureza ben cedo. No 2010, aínda sen chegar aos cinco anos, deixounos este "Outono", no que se combina a manifestación da paisaxe galega co particular universo da autora.

Baixo un ceo azul, o vento zoa con forza entre as nubes que ameazan choiva, levando consigo follas vermellas e marelas que abandoan as árbores. Igual que as castañas que enchen a parte dereita do cadro xusto por riba de Dumbo, que pasea polo campo alleo á escea. Na zona inferior esquerda, varias piñas negras únense ás castañas na caída, a carón dun solitario xirasol.

Fascinante.


Comentarios

Entradas populares