E chegou Cloti

Como xa sabedes o que pasou co noso gato Carpín, e que a papi, a mami e aos nenos nos gustan moito os animais, (a min particularmente os gatos), decidimos buscar un novo amiguiño para traer ó Valiño.

A idea de comprar non nos gustaba nada, habendo como hai gatos sen fogar polo mundo adiante, así que, un día destes achegámonos a Gatocán, (a protectora de animais que está en Coirós) a alí, entre outros, coñecemos a Cloti. Saimos da casa coa idea de traer un gato pequeniño para que se adaptase a nós e á casa, pero cando vimos a esta gatiña gustounos moito a todos por que é moi doce, fregábase polas nosas pernas e deixábase aloumiñar polos nenos sen ningún problema. Ademais, é unha gata ben guapa.

Pasamos a recollela o sábado pola tarde, e como podedes comprobar, en apenas dous días, xa está totalmente integrada na familia. Démoslle unha pequena ducha de benvida, curtamoslle un pouco as uñas (por que o sofá ainda nos ten que durar uns aniños mais), levámola ao veterinario, e xa vedes que non ten problema para durmir en calquera lugar, sempre que sexa ben brandiño, je, je.




Comentarios

Abuela de Catuxa ha dicho que…
Alito : estou escarallada coa risa. A túa foto co novo membro da familia é moito.
Os nenos e a mami ben , gustanlle moito os gatos , e a ti meu fillo
¿tamen?
Un bico para os cinco e que o disfrutedes .
Unknown ha dicho que…
Enhorabuena por el nuevo miembro de la familia.Se parece bastante a nuestro NIKO.
BESOS

Entradas populares