Kidzania, unha cidade á medida dos nenos.

O feito de que Santiago sexa unha cidade tan grande ten a vantaxe de que as actividades que se poden organizar cos nenos son ilimitadas. Hai uns días estreamos Kidzania, un parque temático dedicado integramente ós pequenos e organizado a modo de cidade en miniatura na que os cativos poden xogar a ser médicos, bombeiros, repartidores de gas, pintores, conductores, pizzeros, policias.........vamos, casi o que eles queiran.

A organización é sinxela, coa entrada os cativos reciben un cheque por valor de 50 kidzos que, unha vez dentro canxean no "Banco de Chile" por cartos en "efectivo" ou ben unha "tarxeta de crédito". Xa con cartos no peto podes optar por actividades lúdicas: mercar flocos de millo, xeados, refrescos, pintar a cara,ir ó teatro, mercar no super......, polas que terás que pagar o prezo sinalado, ou ben traballar nos obradoiros dos diferentes oficios nos que recibes un salario.

Unha vez rematada a "xornada" os cartos sobrantes pódelos levar para a casa ou depositalos de novo no banco e obter uns "interesantes xuros" para recuperalos incrementados na seguinte visita.

(As fotos son co móbil, de baixa calidade pero moi ilustrativas do sitio).

Paulo cobrando o cheque para ter "cash",


 Claudia e Catuxa atentas á explicación da encargada do supermercado Jumbo,

 Claudia e Catuxa iniciando a súa quenda como repoñedoras do super,


Paulo optou por algo mais lúdico e pintou a cara de Batman,



As mozas, despois do duro traballo tamén se deron un capricho e transformaronse en dúas fermosas bolboretas,



O ambiente das rúas de Kidzania coa ambulancia da Clínica Alemana trasladando a algún doente,


Claudia, Paulo e Catu traballando como panadeiros,


O camión de bombeiros bulindo para apagar algún incendio,


A verdade é que está todo moi ben pensado, os nenos disfrutaron moitísimo e os maiores alucinamos coa montaxe, así que ben seguro que repetiremos.


Comentarios

Entradas populares