Excursión a Casa do Queixo

Un par de intrépidas nais organizaron unha excursión para todos os nen@s e pais da clase de 3ºB de infantil do colexio Obradoiro. A idea era xuntarnos todas as familias nunha xornada lúdica para pequenos e maiores.
O evento tivo lugar na Casa do Queixo, en Sobrado dos Monxes, e consistiu nunha visita á granxa, onde unha monitora nos contou un pouquiño sobre cada animal, e un taller de elaboración de pan no que os nenos o pasaron en grande amasando, rematando cun xantar a base de cocido para os maiores e un menú mais axeitado para os cativos.
A pesar do frío, pasámolo todos estupendamente e quedamos con gañas de repetir cando o tempo acompañe un pouco máis.

Comentarios

Entradas populares