Pasándoo ben no Monticaño
Hai unhas semanas, improvisamos cos avós paternos e co curmán Dieguito unha excursión mañaneira ao parque do Monticaño, perto da Coruña. O parque, moi chulo e cunhas vistas impresionantes - desde as Sisargas até a cidade -, ten unha zona de xogos moi axeitada para os cativos. Tobogáns, bambáns e a que foi a sensación de mañá. unha tirolina. Velaquí tedes as probas do ben que o pasaron Catuxa e Dieguito na mesma; Paulo, como non, preferiu ocupacións menos estresantes.
Aínda que, para non faltar á verdade, os cativos non foron os únicos que o pasaron ben...
Aínda que, para non faltar á verdade, os cativos non foron os únicos que o pasaron ben...
Comentarios