Almorzo

Por unha serie de cambios que ahora non veñen ao caso, desde esta semana os nenos van xuntos pola mañá coa súa nai a coller os buses do cole. Eu estiven fóra os primeiros días, pero xoves puiden encargarme de levar a Catuxa.

Ese día, xoves catro de marzo de 2010, deuse unha circunstancia histórica. Por primeira vez, os catro coincidimos almorzando nun día laborable. Foi unha sensación rara, pero agradabilísima: ás oito e media da mañá estabamos nenos e pais na cociña, charlando e bromeando todos xuntos (bueno, Paulo charlaba ao seu xeito), eu coa gravata, a nena co uniforme do cole.

Desde logo, un xeito inmellorable de comezar unha xornada de traballo, cos sorrisos dos nenos aínda fresquiños na memoria.

Comentarios

Entradas populares