Catarros (paciencia)

Venres pasado - hai xa dez días - Catuxa púxose con febre bastante alta, case 39 graos. Domingo seguía igual, así que a levamos ao médico: un catarro; xarope e paciencia.

A rapaza estivo sen ir ao cole toda a semana, e foi mellorando pouco a pouco. Xoves só foron unhas décimas; venres xa non tivo fiebre. E cando parecía que iamos disfrutar dunha ponte tranquila, sábado ergueuse outra vez con trinta e nove. Novamente ao médico e novamente máis paciencia.

Para rematar, onte Paulocho tamén tiña unhas décimas e mami comenzaba a espirrar seguido. ¡Seica andan todos defectuosos!

Hoxe deitamos á Catuxa con trinta e oito longos: mañán no irá ao cole, e a ver como evoluciona pola semana. Paulocho está ben, e mami só regular.

Paciencia.

Comentarios

Entradas populares