A doutora

Hoxe mami está maliña: ten algo de febre e deitouse cedo. Unha vez Paulo no berce, eu estaba rematando de darlle a cea a Catuxa cando esta albiscou o termómetro na mesa. Por suposto, emperrouse en mirar se eu tiña febre.

Así que me puxo o termómetro, esperou un anaco - quince segundos, non creades que máis -, colleuno con aceno seguro, mirouno a fito e dixo, sen asomo de dúbida:
  • Tlinta e seis catlo. Non tes feble.
E seguiu tomando o petit tan pancha.

[O termómetro marcaba 34.3º]

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Hola!!! queríamos felicitar a la princesa de la casa en su tercer cumplaños. Primita, espero que estés ya recuperada. Os mandamos un beso muy grande desde Barcelona.
Muchas felicidades Catu y también para tu abuelo que me han dicho que es su cumple.
Saludos para todos,
Carol y David

Entradas populares