1º ANIVERSARIO

Que rápido pasa o tempo. Parece que foi onte cando estabamos no cuarto do hospital agardando a que me baixaran ó quirófano para que Paulocho vise por fin o mundo, e xa estamos aquí, no día do seu primeiro aniversario.


O pequerrecho está superando con boa nota o "atranco" de ter unha irmá maior como Catuxa, tan guapa, lista e boa; pero el non queda atrás e xa nos ten a todos embelesados co seu sorriso pícaro e os seus grandes ollos.


No das habilidades manuais si que vai con certo retraso, parece que non ten ningunha presa por aprender a dar palmas, imitar sons ou camiñar, pero todo chegará.



Un bico ben gordo e que cumpras moitos mais.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Muchas felicidades en tu primer cumpleaños!!! Carol y David

Entradas populares