Independencia (i)
Independencia do cueiro, enténdese.
Hoxe a Catuxa xa botou moitas máis horas sen cueiro que con el. Cando chegou ao cole quitouno, e xa se estreou directamente cunha caca no penico. Logo, só o puxo para comer e durmir a sesta.
Pola tarde, na casa, igual. Iso si, cada cinco minutos alguén lle preguntaba se tiña gañas de facer pis. A maioría das respostas eran "non", pero houbo non poucas viaxes ao baño e, todo hai que dicilo, un pequeno e húmedo desliz.
Agora mesmo, a rapaza durme co cueiro. Pero xa queda pouco para que o esqueza para sempre...

Comentarios