Preparando a chegada

Xa quedan tan só uns días para a chegada do irmán: arredor de dez. Así que toca ir preparando as cousas: a bolsa do hospital, o pequeno berce dos primeiros meses, os microscópicos pixamas e calcetíns nos que, incribelmente, Catuxa cabía hai menos de dous anos.

E tamén, como non, o Bugaboo para os paseos. Mirade como Catuxa xa exerce de irmá maior, axudando á nai a amañar o carriño.

Comentarios

Entradas populares