Ano Novo en Matanzas


Xa sabedes que no hemisferio sur as estacións do ano son exactamente ao revés que no norte, así que o Nadal é o que marca o inicio do verán chileno. 
Neste 2015 arrancamos o novo ano á carón do mar, concretamente en Matanzas, unha localidade costeira a uns 180 kms de Santiago famosa polos seus ventos para a práctica do windsurf.





A costa chilena é fermosa para contemplar pero non moi apropiada para o baño, a temperatura da auga é tipo xeo, o vento non axuda nada na sensación térmica e as ondas son as propias do mar aberto. Pero nos disfrutamos igualmente da nosa estancia, nunhas cabañas ben chulas, con espectaculares vistas sobre o mar e un atractivo engadido que fixo as delicias dos catro pero sobre todo de Catu e Paulo: o hot tub. Estaban todo o día preguntando cando voltabamos á cabaña para meterse na auga quente como se foran as fabas do caldo.





Á carón de Matanzas está La Boca, un pequeno balneario na desembocadura do río Rapel onde aproveitamos para mollar as pernas en augas frías pero máis tranquilas.


No camiño de volta xantamos na mesma veira do Lago Rapel, unha represa de grandes dimensións que se emprega tamén como zona de recreo, con casas de verán e embarcacións para disfrutar das tranquilas augas protexidos dos ventos costeiros.


E non podo esquecer a experiencia de montar a cabalo pola praia, non hai fotos por que precisabamos das dúas mans para non acabar a aventura de cu no chan, pero o paseo de hora e media, cadaquén no seu equino, foi outro dos momentos mais divertidos. Catu e Paulo eran auténticos xinetes, jajaja.

Comentarios

Putuguesito ha dicho que…
===================================================================================

PORTUGAL IS A HIGHLY RACIST AND XENOPHOBIC COUNTRY!

DO NOT SPEND YOUR HARD, EARNED MONEY VISITING THERE,
OR DOING BUSINESS WITH PORTUGAL!!!

PORTUGAL = RACISM 100%

VISIT THESE SITES TO BE INFORMED ABOUT RACIST PORTUGUESE:

http://portugalisaracistcountry.blogspot.ca/

http://portugalisxenophobic.blogspot.ca
=========================================================

Entradas populares